A hostelería de Camariñas comeza a prepararse para abrir a partires do 11 de maio

|


 A "nova normalidade" vai collendo camiño moi pouco a pouco, e comezou este mesmo luns coa apertura das peluquerías que traballaron arreo coas citas dos clientes xa confirmadas dende fai varias semanas. Tamén algúns comercios aperturaron sempre con cita previa alomenos nesta "fase 0".


Será a partires do 11 de maio, luns, cando dé comezo a desescalada para os bares e restaurantes, inda que a apertura será de moi poucos establecementos de ocio en Camariñas, posto que as medidas nesta fase inda son moi restrictivas en canto a cantidade de mesas que se poden dispoñer nas terrazas e só se poden ofrecer comidas para recoller no propio establecemento ou mesmo a domicilio.


Nestos momentos hai indecisión entre moitos empresarios para iniciar a apertura o vindeiro luns, pero as medidas establecidas polos departamentos de sanidade configuran unhas medidas fortes que faran segura a estancia dos clientes nos establecementos de ocio e contando ademáis coa responsabilidade  de todos. Temos a confirmación de varios locais de ocio na zona de Corea e un alomenos no paseo marítimo, a espera de que despois do 11 de maio poidan ir incorporándose paulatinamente o resto de establecementos hosteleiros.


Sí está confirmado a apertura de "O Bar Náutico" a partires do venres,  15 de Maio, salvo contratempos de última hora, e onde contará cun importante número de mesas nas dúas terrazas exteriores e coas distancias máximas establecidas por Sanidade, e a partires do 25 de Maio, incluir a terraza cuberta co número de mesas que permitan a máxima seguridade e habilitar a zona interior tamén de forma que os clientes e socios/as poidan estar coas distancias de seguridade entre mesas e cos dispositivos de desinfección tamén a man, ademáis das importantes normas de limpeza das mesas e das zonas de paso dos clientes e socios/as, todo elo ven establecido no BOE do pasado domingo, 3 de Maio. 


Sin dúbida, é primordial o apoio a todos os pequenos comercios e negocios locais de todos os sectores, posto que un gran número de postos de traballo depende destos pequenos negocios e sirve ademáis de revulsivo da actividade económico do Concello. Sumando todos, sumamos puntos para gañar tempo e recuperar futuro. 


Tamén, a partires do luns, 11 de Maio, a empresa "Ubuntu Life" comezará a súa actividade para que os rapaces e rapazas poidan iniciar as clases de vela e doutras disciplinas náuticas, con total seguridade e máxima limpeza, contando coa colaboración de Supermercados Claudio Camariñas que lles aportará os productos de limpeza para manter todo o material en perfecto estado e totalmente desinfectado. Tan pronto teñamos os horarios e prezos das distintas actividades serán comunicadas polos distintos medios e redes sociais. Tamén o Concello de Camariñas apoiará estas actividades e mesmo está traballando para preparar as actividades deste verán atípico onde xa os rapaces e rapazas xa prácticamente terminaron o curso. 


O Club Náutico de Camariñas fixo un gran esforzo o longo destos meses para dispoñer de material de todo tipo para as distintas activides náuticas, e inda que despois xurdio a catástrofe do coronavirus con miles de falecidos e coa grave alerta sanitaria e que significou para todo o texido empresarial unha gran perda económica, agora é o momento de mirar adiante e tratar de apoiar e axudar no posible aos que os máis pequenos poidan seguir preparándose e relacionándose co mar e olvidando esta dura experiencia que significou para unha sociedade que nunca pensou en chegar a esta situación, e sin olvidar as persoas que por desgracia nos deixaron e agradecer a todos os "héroes" que axudaron e traballaron arreo para gañar a batalla ao coronavirus.


E importante que todos vaiamos aportando o noso graniño de arena para que volte pronto a normalidade, e sempre tendo presente que é importante manter as medidas de seguridade e cumplir as normas que establecen os Departamentos de Sanidade. Si todos cumplimos e somos responsbles, pronto alcanzaremos a ansiada normalidade  e recuperar o tempo perdido. 


Camariñas portada artigorupertomosquera