Dispoñibles pantallas protectoras e xeles no Supermercados Claudio Camariñas

|


Despois de estar durante semanas sin recibir material de protección frente ao Covid-19 por mor das necesidades sanitarias do país e que impedían que os centros de distribución poideran contar con stock para atender a demanda dos clientes, é agora cando comeza a normalizarse pouco a pouco o envío de diverso material e onde os clientes do Supermercados Claudio Camariñas xa poden adquirir pantallas protectoras e xeles hidroalcohólicos para uso particular e mesmo para as empresas e negocios.


Ademáis, nas próximas semanas, haberá unha mellora sustancial en canto a loxística do supermercado que permitirá unha rápida e continua resposta as demandas de productos dos clientes, posto que a posición alcanzada en apenas dous meses e medio, con servizos con notable éxito como os pedidos telefónicos e por WhtasApp e cun servizo de entrega a domicilio onde a flexibilidade e personalización fai posible cumplir a máxima de facilidades para todos os clientes,  fai que sexa necesario adaptar a loxística para atender o gran incremento de demanda xurdido en tan poucas semanas de vida incluindo o mesmo domingo. 


E non queremos olvidarnos dos nosos maiores, o principal sector que corre gran risco nesta pandemia, e os cales con Supermercados Claudio Camariñas teñen o total apoio para que a súa compra teña todas as facilidades do mundo. 


Aproveitamos para agradecer a confianza, responsabilidade e colaboración por parte dos clientes para cumplir as normas establecidas polas autoridades sanitarias e tamén agradecer a gran labor e o gran esforzo realizado por todo o noso persoal para que todos os clientes estiveran sempre atendidos nas mellores condicións e estando nunha grave situación como é a desta pandemia que nos sitúa nun escenario complicado e difícil, nunca vivido por nadie. E sexa cal sexa o escenario aí estaremos sempre preto dos nosos clientes que nos cada dia máis forza para seguir adiante e ofrecer o mellor de cada un de nós. 


Agora, con máis razón si cabe, aproveitando que vamos entrando nas distintas fases, debemos extremar a seguridade polo ben de todos, e por elo voltamos a reclamar a colaboración de todos para cumplir coas normas impostas polas autoridades sanitarias e poder chegar o máis axiña posible a bo porto e finalizar con esta pesadela.


¡¡ Graciñas pola vosa confianza e polo voso apoio e ánimos !!


Todos xuntos chegamos, e todos xuntos sairemos desta...


LOGO CLAUDIO




FURGO CLAUDIO 2