As Festas do Carmen de Camariñas 2020 non poderan celebrarse por causa do coronavirus

|


Sin dúbida, foi unha decisión difícil, pero tal e como están as cousas agora e inda que se vai pasando de fase e sin rebrote algún, o certo é que a Comisión de Festas acaba de anunciar a suspensión das celebracións das nosas grandes Festas do Carmen 2020 por causa do Covid-19.


Nestas semanas pasadas viñan sucedéndose anulación de festas ao longo e ancho da Costa da Morte, e mesmo eventos e celebracións propias no Concello de Camariñas como a Mostra do Encaixe, Festas de San Xurxo,  Festas de Camelle, a IV Feira Náutica de Camariñas, etc., e por elo, xa todo o mundo se estaba temendo que esta mala nova tamén tivera lugar e como así se fixo hoxe público nos medios de comunicación.


De todas formas, haberá que estar atentos a como se van sucedendo os acontecementos nas vindeiras semanas, porque pode existir esperanzas para a celebración dalgún acto como as misas e procesión, sempre coas medidas de seguridade indicadas polas autoridades sanitarias e que farían factible a lo menos estos eventos durante os días que lle correspondería a celebración das nosas grandes Festas.


A grave situación sanitaria a nivel mundial que estamos a padecer, estanos a provocar uns cambios sociais tremendos a todos os niveis, pero agora, é momento de actuar coa máxima responsabilidade por parte de todos e facer posible que esta pandemia de pesadilla nos deixe xa tranquilos e podamos pouco a pouco retornar a nosa vida normal diaria, e o que elo implica para cada un de nós, con respecto a familia, traballo, vida social, etc. 


O noso agradecemento a todas as comisións de Festas do Concello de Camariñas polo gran traballo que fixeron todos estos anos e que o seguiran facendo nos vindeiros, e transmitirlles todo o noso ánimo para que sigan co mesmo entusiasmo e preparando as celebracións do 2021 que sin dúbida serán moi especiais para todos.




Ceadocarmen camariñas novembro2019