O Club Náutico de Camariñas volta a conseguir a BANDEIRA AZUL e xa son 9 anos consecutivos

|


O Club Náutico de Camariñas acaba de recibir a confirmación de ser galardonado por noveno ano consecutivo co distintivo importante de Bandeira Azul e que ondeará unha vez máis no mástil do seu porto deportivo unha vez recepcionada no acto oficial que se celebrará nas vindeiras semanas.


Único porto deportivo da Costa da Morte que conta con esta distinción de nivel internacional e sumando as outras tres distincións do Concello de Camariñas, converte o noso Concello nun referente turístico a todos os niveis.


Sin dúbida, tamén foi importante a aportación da empresa Ubuntu Life para poder seguir mantendo esta distinción un ano máis no Club Náutico de Camariñas, posto que as súas actividades náuticas e proxectos están facendo da Ría de Camariñas un referente náutico e turístico de primeiro orden e elo fará que este verán sexamos un dos centros de atención para o turismo náutico a nivel comarcal, autonómico e nacional.


Sabendo as grandes dificultades coas que nos vamos a encontrar nestos tempos difíciles de coronavirus, sin dúbida, estas novas axudan a ver con máis optimismo o futuro de Camariñas como un referente turístico de gran valor e que sumando todas as forzas dispoñibles fará posible que poidamos ir remontando este difícil ano para entrar no ano 2021 con todas as nosas forzas intactas e ampliadas.


Bandeiraazul camariñas