O Náutico Bar de Camariñas selecciona persoal para posto de camareiro/a

|


O Náutico Bar de Camariñas comeza selección de persoal para postos de camareiro/a e para comezar a traballar a partires do 1 de xullo e durante toda a tempada de verán.


Tamén se vai a incorporar nestas semanas, unha estudiante en prácticas de Arxentina para a sección de cociña e que estará por un periodo de 6 meses.


Dende o Club Náutico de Camariñas queremos dar as gracias a socios/as e clientes polo apoio e confianza demostrada neste duro inicio despois do confinamento, e esperamos estar o 100% do potencial de O Náutico Bar a partires do 1 de xullo coas novas incorporacións.


As persoas interesadas poden poñerse en contacto ao móbil 678 931224 ou ben a través do correo electrónico: cncamarinas@cncamarinas.com



Reapertura nautico 110818 1