O Club Náutico de Camariñas ultima as súas instalacións deportivas para impulsar as actividades náuticas

|


Sin dúbida, poido ser un gran ano para o Club Náutico de Camariñas co cambio de pantaláns que tiña previsto a través da subvención da Deputación que ía outorgar aos Club Náuticos para infraestructuras; coa forte aporta pola Feira Náutica e cunha aportación importante da Deputación e da Xunta de Galicia; Semana Santa coa XXX Mostra do Encaixe e que serviría como despegue importante antes de entrar no verán cunha das mellores instalacións de ocio da Costa da Morte, o equipo do Xadrez Náutico Camariñas preparado para competir en liga e en múltiples torneos... pero chegou o coronavirus e levou todo por diante, o máis grave, as perdas humanas, e despois as consecuencias a todos os niveis que arrastrou esta grave pandemia. 


Pero nos momentos máis difíciles e cando se ven a fortaleza dos grandes equipos humanos e aí está o Club Náutico de Camariñas, que contando coa colaboración inestimable do Concello de Camariñas e da gran aportación en coñecementos e experiencia da empresa Ubuntu Life, dirixida por Loreto Núñez e Gabriel Izquierdo, fai que a pesares dun gran dano económico sufrido por todas as empresas e entidades sin ánimo de lucro como o Club Náutico, pouco a pouco, vaiamos sumando forzas e ideas e esteamos a conseguir unhas instalacións e uns medios únicos non só na Costa da Morte sénon tamén en Galicia. Non vai a ser fácil pero non vamos a deixar de intentalo.


Agora queda ir rematando cousas na zona de vela do Club Náutico de Camariñas, como a ubicación das numerosas embarcacións das que se pode facer uso delas durante todo o ano coa empresa Ubuntu Life a través do convenio que ten co Club Náutico de Camariñas e podendo levar a cabo calqueira actividade náutica imaxinable e nun marco incomparable como a Ría de Camariñas.


Debido a situación do control da pandemia, non será posible levar a cabo as distintas actividades sociais previstas como todos os anos tanto para os socios/as da entidade como outras deportivas, pero agora o importante é poder vencer o coronavirus e en canto se pode retornaremos a normalidade máis absoluta con todo o que elo significa.


Por sorte, as actividades náuticas sí que poden levarse a cabo e mesmo en breve comezará o campamento de vela como todos os anos nas instalacións do Club Náutico de Camariñas e coa colaboración do Concello de Camariñas e tendo a sorte de contar con Ubuntu Life para que na Ría de Camariñas poidan levarse  a cabo durante todo o ano actividades náuticas de todo tipo, un luxo das que poucas poboacións de Galicia poden presumir.


ALQUILER DE KAYAKS


Tamén xa está dispoñible a actividade de alquiler de Kayaks e que estará xestionada pola empresa Ubuntu Life e por elo, é convinte que se siga o indicado nos carteis publicitarios da actividade, tanto para socios/as como non socios/as, en canto a horarios e forma de poñerse en contacto:







(Na imaxe, Loreto e Gabriel ultimando a zona de vela para o inicio do verán no Club Náutico de Camariñas con Ubuntu Life)

Instalaciones nautico




   Las actividades náuticas de UBUNTU LIFE en Camariñas ya tienen su propia página web
   O Club Náutico de Camariñas volta a conseguir a BANDEIRA AZUL e xa son 9 anos consecutivos