Supermercados Claudio Camariñas sigue adiante e con moi boas noticias

|


Supermercados Claudio Camariñas comunica a boa noticia que todos os traballadores deron negativo nos test PCR feitos no Hospital de Cee, e dende hoxe todos xa están incorporándose os seus postos de traballo, despois dun paréntesis de 1 día a espera de coñecer os resultados. Temos que indicar que seguindo os protocolos das autoridades sanitarias, podíamos seguir traballando sin facer as probas ao manter sempre os parámetros de seguridade establecidos dentro do supermercado, pero para a seguridade de todos, decidiose solicitar voluntariamente as probas PCR ao hospital de Cee, e para elo, puxémonos en contacto directamente coa Alcaldesa de Camariñas, a cal facilitou e solicitou os trámites para que se poideran levar a cabo de inmediato e poder seguir así co traballo que levamos desenvolvendo dende o 20 de febreiro. 


Unha das traballadoras seguirá disfrutando das vacacións e se incorporará nos vindeiros días, e únicamente a empregada de dera positivo por contacto familiar, que se encontra en bo estado, sin síntomas e na súa casa gardando a cuarentena pertinente, para incorporarse cando as autoridades sanitarias den o seu visto bo. 


Por parte da xerencia do Supermercados Claudio CAmariñas, transmitir a clientes e veciños e veciñas do Concello de Camariñas, o noso agradecemento máis profundo polas mostras de ánimo e apoio remitidos estos días de forma persoal, a través do móbil e nas redes sociais, e seguiremos facendo o mesmo traballo e si cabe con máis gañas ca nunca, despois duns días realmente difíciles e complicados e onde toda a plantilla mostrou a súa gran calidade en todos os aspectos. 


Nunca deixamos atrás a nadie, mesmo nos peores momentos do confinamento, e cado fomos os primeiros e dar servicio a domicilio as familias en cuarentena e as persoas maiores para que non tiveran que expoñerse a ningún peligro. E a partir de hoxe seguimos coa mesma filosofía, facer ben o noso traballo, estar cerca de todos os clientes, e ademáis incorporaremos de inmediato un servicio especial para atención das familias que por desgracia teñen que estar en cuarentena, ben por ser positivos ou mesmo por haber estado en contacto con positivos. Non vamos a deixar atrás a nadie e aí estaremos para axudar como sempre o fixemos. 


De verdade, gracias de corazón a todos, e aí seguiremos traballando de luns a domingo para dar o mellor servicio aos clientes e veciños do Concello de Camariñas. 


Esperámoslles como sempre, no corazón do paseo marítimo. 


LOGO CLAUDIO




Comentarios