Supermercados Claudio Camariñas suma outro supermercado da firma Claudio na Baña

|


Finalmente, a firma camariñana Avante Toda Comercial, SL responsable do Supermercados Claudio Camariñas tamén suma outro super "irmán" da firma Claudio neste caso na Baña.


Será este xoves, 17 de setembro, cando teña lugar o inicio oficial do supermercados Claudio nesta poboación, inda que os cambios e melloras se fixeron sin pechar en ningún momento o establecemento, e sendo xa 2 establecementos da firma Claudio baixo a responsabilidade de Avante Toda Comercial, SL con sede en Camariñas. Para esta apertura oficial no Supermercados Claudio de A Baña, contaremos cun folleto especial con importantes ofertas e con regalos para todos os clientes e que terá unha duración ata primeiros de outubro, e onde haberá ademáis un sorteo especial dun móbil Iphone última xeración ao finalizar a misma coa entrega de boletos para o sorteo con cada compra. O móbil Iphone foi aportado pola Dirección xeral da firma Claudio e que da conta así do respaldo, apoio e confianza que aporta nesta apertura así como xa o vai facendo dende a súa inauguración en Camariñas. 


A recoñecida enseña de Claudio perteñece a mayor firma de distribución de Alimentación de Galicia ( GADIS) e onde son preto de 190 establecementos co sello de Claudio e Claudio Express, e onde a firma camariñana con estos 2 establecementos pasa a situarse entre os primeiros de toda Galicia por producción. Un feito que nos fai sentirnos orgullosos e onde tentaremos dende a a nosa filosofía, seguir traballando para estudiar e optar a outras posibles implantacións nos próximos anos, tendo como filosofía, axudar no desenrolo das economías  dos pobos, creando emprego e na defensa do rural, e onde contamos co apoio total do equipo liderado por Miguel Freire Responsable da firma Claudio e que fixeron un gran traballo nestos intensos días para que este xoves esté todo apunto para dar servizo a comunidade de A Baña e as súas parroquias. 


O novo Supermercados Claudio de A Baña conta con 3 empregados, e coas seccións de carnicería e charcutería, zona de frutería moi completa, e o resto de seccións que conforman este tipo de establecimentos ao igual que no Claudio de Camariñas, e cunhas dimensións de 140 M2 entre espacio de venta e almacéns, ademáis de dispoñer de servizo a domicilio ao igual que en Camariñas.


Así, a firma camariñana Avante Toda Comercial, alcanza os 11 empregados e sendo xa unha referencia no mundo da alimentación entre as enseñas de Claudio en toda Galicia, e sendo o establecemento de Claudio Camariñas exemplo de diseño e distribución para outros locais novos que están aperturando.


IMG 20200915 WA0006