Supermercados Claudio Camariñas donará xeles hidroalcohólicos a ANPA para o Colexio O Areal

|


A xerencia dos Supermercados Claudio Camariñas púxose en contacto coa Presidenta da ANPA do colexio O Areal para transmitirlles o interese en facer donación de xeles hidroalcohólicos para as dependencias do propio Colexio (Infantil e primaria) e cuio material será entregado cada mes, e onde necesitabamos a súa aceptación para que poideran recibir o material e entregalo a ANPA a Dirección do colexio para súa utilización e distribución na forma que estimen máis adecuada.


Por parte da Presidenta da ANPA, Caty, agradecio a aportación dos Supermercados Claudio Camariñas e que era aceptada a donación para poñela a disposición do Colexio O Areal. Dende ese momento se puxo a andar o proxecto, e o vindeiro martes, 13 de outubro, será a primeira entrega donada que se faga de xeles hidroalcohólicos a ANPA e que será efectiva cada mes.


Ademáis, por parte dos Supermercados Claudio Camariñas, fará o posible para seguir traballando e conseguindo compromisos e aportacións por parte de proveedores e firmas colaboradoras, que poidan redundar noutro tipo de axudas, colaboracións e actividades coa ANPA e cos rapaciños e rapaciñas do Colexio O Areal de Camariñas. 


Para todo o equipo que formamos Supermercados Claudio Camariñas, onde todos pasamos polas súas aulas, é toda unha honra poder axudar e colaborar coa ANPA e co Colexio O Areal, sabendo que esa foi a nosa casa durante moitos anos xuntos cos nosos profesores, e agora siguen formándonse e preparándose os máis pequenos/as que serán o futuro de Camariñas. Todo o que podamos axudar e colaborar con eles, sempre será pouco, pero pola nosa parte sempre tentaremos dar e ofrecer o mellor e estar aí para poñer unha man no que poida ser posible. 


Entre todos conseguiremos saír adiante e vencer esta grave crisis sanitaria mundial, e poñendo o noso graniño de area, sin dúbida, e sobre todo actuando con responsabilidade en todo momento e seguindo as instruccións das autoridades sanitarias, contribuiremos a ser máis fortes e estar mellor preparados para parar o coronavirus. 


Colexio oareal