O Nadal chega a Supermercados Claudio Camariñas

|


Dende este martes, 17 de novembro, en Supermercados Claudio Camariñas xa se recibio a chamada do Nadal e onde se dispuxo na zona aledaña a frutería, un espazo para a ubicación de productos típicos do Nadal, e entre eles, o tradicional turrón en todas as súas variedades e variadas marcas e prezos.


Sin dúbida, este será un Nadal moi especial e onde teremos na nosa mente o desexo que por fin acabe esta traxedia da Covid-19, e transmitindo forza e ánimo as persoas que están agora mesmo tratando de superar a enfermedade e cun recordo emotivo por cada unha das persoas que perderon a vida nesta grave pandemia mundial. 


SORTEO CESTA DO NADAL E OUTROS PREMIOS


Tamén se presentou a Cesta do Nadal que vai a sortear Claudio en Camariñas e con entrega de boletos coas compras  dos clientes a partires do 3 de decembro. Ao sorteo da Cesta do Nadal tamén se sumarán outros premios como vales de compra e algunha sorpresa máis que iremos desvelando poucos días antes do sorteo que terá lugar o 23 de decembro no propio Supermercado.


Sobre a semana do 25 de novembro, disporemos da recoñecida como Flor de Pascua, e ante as unidades limitadas que teremos, todas aquelas persoas que desexen dispoñer deste producto, poden reservalo ao noso persoal.


Finaliza a promoción de batería de 3 estrelas "Colección Nero"


Foi todo un éxito a batería da Colección Nero que incluía sarténs, cacerolas, Wok, tarteiras, asador Grill, etc. e que tiñan un 50% de desconto a través dos tickets de compras e que seguramente o vindeiro ano 2021, voltará de novo co mesmo éxito que este 2020. 


Finaliza promoción "Peña Claudio Camariñas"


Comunicamos a finalización da promoción denominada "Peña Claudio Camariñas" e que dende o día 8 de xuño de 2020 viña participando en diversos sorteos de lotería primitiva, bonoloto e euromillones, sin que tiveramos moita sorte no importe dos premios obtidos, e alcanzando finalmente un total de 27,50 € no total das semanas nas que participamos. Debido aos poucos premios obtidos, o reparto que corresponde é de cantidades moi pequenas, pero para o 2021 voltaremos a tentar a sorte e a ver si se nos da mellor na obtención de premios maiores.

(Reparto: 10% para empresa Avante Toda; 10% en vales de compra para os empregados/as; 10 % en donativos para o Colexio O Areal-entregarase a AMPA- e o 70% restante en vales de compra para os clientes para o vindeiro sorteo do 23 de decembro).


Inicio promoción de productos este xoves, 19 de novembro


Este mércores, iniciamos o reparto domiciliario do novo catálogo de ofertas de Claudio Camariñas e que chegara a todos os domicilios de Camariñas, finalizando a súa entrega o xoves pola tarde. Si algún domicilio non o recibe, pode poñerse en contacto ao teléfono do Supermercado ( 881984551) para facerllo chegar a maior brevedade posible.


Incluimos archivo co novo catálogo de promoción e onde aparecen moi bos precios en productos de gran consumo.













Nadal claudio camariñas