Novas de interese sobre o Club Náutico de Camariñas

|


SUSPENSIÓN DA ASAMBLEA XERAL 


Esta semana se vai remitir información aos socios/as do Club Náutico sobre a suspensión da Asamblea Xeral do Club Náutico de Camariñas que se tiña previsto celebrar o vindeiro 26 de decembro, pero que debido a situación crítica sanitaria que estamos a vivir e atendendo as normas das autoridades sanitarias e co fin de protexer aos socios/as e a comunidade e despois de facer consultas e solicitar recomendacións a distintos niveis, o Presidente, Martín Castiñeira, decidio pospoñese ata unha mellora da situación sanitaria e as condicións e normas das autoridades sanitarias, permitan a celebración de eventos que non supoñan un perigo, sobretodo para as persoas de risco.


De todas formas, según indican dende a Presidencia do Club Náutico, as contas estaran expostas a partir do 26 de decembro, data na que ía celebrarse a Asamblea Xeral, para que os socios/as poidan ter toda a información das contas do Club e facer calqueira consulta a través do correo do Club ou nas propias oficinas.


NÚMERO DE NADAL DO CLUB NÁUTICO: 80738


A partires da vindeira semana, se remitirá información detallada aos socios/as sobre esta a suspensión da Asamblea Xeral así como do número de lotería do Nadal que dispón o Club este ano e que os socios/as participan como todos os anos 1 euro do número 80738. Tamén, este ano os socios/as poderan dispor da lotería do Club Náutico sin recargo, e para elo deberán solicitala nas oficinas do Club (de luns a venres de 18,00 a 20,00 h.).


Decimo clubnautico 2020

(Os socios/as non teñen recargo no décimo da lotería do Club Náutico de Camariñas)




CAMPAMENTO DE NADAL "UBUNTULIFE"


A entidade Ubuntu Life que mantén e acaba de renovar convenio de colaboración co Club Náutico de Camariñas para os vindeiros anos, co fin de ofrecer a todos os rapaces e rapazas a posibilidade de disfrutar e apasionarse do mundo da náutica en todas as súas vertientes, ten previsto celebrar un CAMPAMENTO DE NADAL "UBUNTULIFE" para os días 23, 24, 28, 29, e 30 de decembro (TELÉFONO DE CONTACTO: 665 051 031) e onde hai un desconto de 10 € para os socios/as, fillos/as e netos/as de socios.


Hai que decir que a pesares das dificultades que nos está facendo pasar o coronavirus, as actividades náuticas son prácticamente as únicas das actividades que poden realizar os rapaces e rapazas neste momento, e onde agora mesmo hai inscritos de todas as parroquias do Concello e incluso de fora do noso Concello, e onde os socios/as, fillos/as e netos/as de socios dispoñen dun desconto especial.


CAMPAMENTODENADAL




Dende a Xunta Directiva que preside Martín Castiñeira, quere trasladarse o agradecemento a todos os socios/as pola comprensión e apoio que están facendo ante a situación grave sanitaria que estamos sufrindo, e que imposibilita realizar calqueira da abundante actividade social que desplega o Club Náutico o longo de todo ano. 

Tan pronto volte a normalidade, o Club Náutico voltará a ser un referente nas actividades sociais, deportivas e culturais non só do Concello de Camariñas senon tamén da Costa da Morte. A pesares de todas as dificultades que impediron a chegada de centos de embarcacións que habitualmente atracaban nos nosos pantaláns, a merma de actividade do Bar durante os meses do confinamento e a reducción de actividade por mor do toque de queda, etc. poidemos manter prácticamente todos os servizos abertos cando foi posible e mellorando o noso material deportivo xunto coa importante colaboración de Ubuntu Life para a prácticas de distintas actividades náuticas que nos dará un impulso nos próximos anos como auténtico Club Náutico e onde esperamos xa dispoñer de grupo de rapaces e rapazas para poder competir a un gran nivel nas regatas en Galicia. 


Tamén tivo que parar a actividade o equipo do Xadrez Náutico Camariñas e que estaba preparando aos máis pequenos/as nesta dificilísima disciplina, e onde un dos equipos xa estaba competindo na 3ª división, pero que agora se está a espera de dar inicio a competición así como das clases tan pronto a seguridade de todos esté garantizada ben pola mellora da situación e tamén da aparición da vacuna. 


É verdade que moitos proxectos, actividades e actuacións quedaron suspendidas por mor da Covid-19, pero estamos seguros que máis pronto que tarde todo voltará a normalidade e o Club Náutico de Camariñas rexurdirá de novo para estar situado como o referente que sempre foi na Costa da Morte a todos os niveis. Por eso, é importante seguir contando co apoio de todos os socios/as e de todas as entidades e empresas que de unha forma o outra colaboran co Club Náutico de Camariñas.