Supermercados Claudio Camariñas: Sorteos, festivos de Reis e data de inventario

|


O día 23 de decembro celebrouse o sorteo da cesta de Nadal e de varios Lotes de productos navideños entre os clientes que habían efectuado compras no establecemento, e onde xa apareceron as gañadoras da Cesta de Nadal e do Lote de productos B. Os números foron publicados a través do canal de WhatsApp e das redes sociais así como no propio establecemento. Quedan por aparecer 4 lotes (A, C, D, E) e procedemos a recordar de novo os números para que poidan revisar as rifas:


CESTA: 148382 (Teresa)

LOTE A: 148979

LOTE B: 149477 (Toñita)

LOTE C: 149011

LOTE D: 390290

LOTE E: 391269


Os clientes que posean algún dos números que faltan por aparecer, poden acudir ao Supermercados Claudio Camariñas ou ben chamando ao 678931224.


FESTIVO DE REIS E DATA DE INVENTARIO


O vindeiro 6 de xaneiro, mércores, festividade de Reis, o Supermercados Claudio Camariñas permanecerá pechado así como o vindeiro luns, 11 de xaneiro, por motivos de inventario. Si fora posible, farase apertura esa mesma tarde, luns, sempre a expensas de que finalize en tempo o inventario previsto e que faise necesario realizar nesa data, solicitando dende a xerencia do Supermercados disculpas aos clientes polas molestias que poidan ocasionarse.


RESERVA DE MINI LARPEIRAS E ROSCÓN DE REIS


Tamén recordamos que poden reservar este luns, MINI LARPEIRAS E ROSCÓN DE REIS DE PANADERIA MANOLO para recollela o martes, 5 de xaneiro.



Nadal claudio camariñas