Supermercados Claudio Camariñas presenta un SERVICIO ESPECIAL DE ENTREGA para todas as parroquias

|


O SERVICIO ESPECIAL DE ENTREGA que presenta Supermercados Claudio Camariñas comezará a funcionar nos vindeiros días, e trata de axudar a todas as persoas maiores , dependentes, con problemas de movilidade, etc. a que poidan recibir pedidos do Supermercado varios días a semana e sin ter que saír do seu domicilio.


A partir de este mércores, 3 de marzo, todas as persoas e familias nas situacións descritas anteriormente e ubicadas en calqueira das parroquias e lugares do Concello de Camariñas, poderan rexistrarse chamando aos teléfonos 881 984551 ou móbil 678 931224 para dispoñer deste servizo e asignarlles un código de cliente cos seus datos de interese (Nome, dirección e teléfono) e que lles permitirá recibir o folleto de promoción do Supermercados Claudio cada 2 semanas e follas de pedido para poder anotar a relación de artículos que necesitan e que poderan remitir por WhatsApp ou ben en casos determinados recoller no propio domicilio, si teñen dificultades para desenvolverse coas tecnoloxías móbiles.


As entregas deste SERVICIO ESPECIAL terán lugar os martes e xoves pola tarde. O funcionamento será moi sinxelo.


1º- Chamar para rexistrarse: teléfonos 881 984 551 / móbil: 678 931224


2º- Quédalle asignado un código de cliente para coñecer nome, dirección e teléfono de contacto.


3º- Se lle remitirá as ofertas especiales en folleto de Supermercados Claudio Camariñas cada 2 semanas.


4º- Poden facer os pedidos telefónicamente, por WhatsApp ou ben para persoas que teñen dificultades para desenvolverse con estos medios, se lle recolle o pedido no seu domicilio. Os pedidos deben facerse con un día a lo menos de antelación. O pedido mínimo será de 30 € para as persoas nesta situación.


5º- Os martes e xoves pola tarde comezaría os repartos especiais e onde os clientes poderan pagar en efectivo ou a través de tarxeta.


Aproveitando que se vai facilitar estos servizos as persoas maiores e con problemas de movilidade, tamén poderan acceder ao mesmo as familias que por calqueira causa non poidan trasladarse ao seu supermercado habitual, e que residan nas parroquias e lugares, de Xaviña, Ponte do Porto, Camelle, Arou, Santa Mariña, Dor, Brañas Verdes, etc. e que poderian recibir o seu pedido os martes e xoves pola tarde, posto que en Camariñas este tipo de servizo xa está dispoñible, sendo neste caso necesario un pedido mínimo de 50 €.


TELÉFONOS DE CONTACTO: 881 984551 / MÓBIL: 678 931224


Furgo claudio servicioespecial