Convocatoria de eleccións a Presidente e Xunta Directiva no Club Náutico de Camariñas

|


Dende este luns, 19 de abril, a Xunta Electoral presidida por D. José Ramón Ayora Fernández, fixou na reunión o calendario electoral para a elección de Presidente e Xunta Directiva dacordo co disposto no Anexo 1- Regulamento do Proceso electoral, artigo 1º-Disposición xerais, e, seguintes dos vixentes Estatutos do club Náutico de Camariñas.


Neste momento quedan en funcións a Xunta Directiva presidida por Martín Castiñeira Pérez e será o 30 de abril cando se publiquen as candidaturas que se presentan a estas eleccións do Club Náutico de Camariñas.


Entre o martes e mércores, os socios/as recibiran escrito por correo ordinario co calendario electoral e ademáis estarán expostas no Club a lista co censo electoral de socios/as así como calendario electoral, e data de asamblea extraordinaria en caso de existir varias candidaturas e ser necesario votación. Recordemos que sí só hai unha candidatura presentada no momento que finaliza o prazo de presentación de candidaturas, ésta será automáticamente gañadora proclamada pola Xunta Electoral.


Publicamos o calendario electoral das próximas eleccións a presidir o Club Náutico de Camariñas:


1.- CALENDARIO ELECTORAL

Dacordo co disposto no ANEXO 1-REGULAMENTO DO PROCESO ELECTORAL, artigo 1º.- Disposicións xerais, e, seguintes dos vixentes ESTATUTOS do Club Náutico de Camariñas, convócase eleccións a XUNTA DIRECTIVA desta entidade. O calendario deste periodo electoral será o seguinte:

19 de Abril, luns

Primeiro día. Publicación da convocatoria das eleccións e do censo electoral nos cadros de anuncios do club. Información do apartado de correos onde irán dirixidos os votos por correo. Apertúrase o prazo de interposición de reclamacións o censo ata as 20:00 h. do séptimo día.

26 de abril, luns

Oitavo día. Resolución pola Xunta electoral das reclamacións o censo electoral , ata as 20:00 horas, inicio do prazo de presentación de candidaturas ata as 20:00 horas do decimoprimeiro día.

30 de abril, venres

Decimo segundo día. Publicación pola Xunta Electoral das candidaturas presentadas e apertura do prazo de presentación de reclamacións contra as mesmas ata as 20:00 horas do decimocuarto día.

3 de Maio, luns

Decimoquinto día. Resolución pola Xunta Electoral, das reclamacións contra as candidaturas, ata as 20:00 horas, publicación das candidaturas definitivas e apertura da campaña electoral. No caso de presentación dunha soa candidatura, proclamarase os candidatos como cargos electos, finalizando o proceso electoral sin necesidade de proseguir o mesmo nin de celebrarse o acto de votación.

8 de Maio, sábado

Celebración de Asemblea Extraordinaria, votación e peche da recepción do voto por correo, ata as 20:00 horas. Escrutinio e proclamación do Presidente e Xunta Directiva electos. Apertura do prazo de reclamacións as votacións ata as 20:00 horas do vixesimoprimeiro día.

10 de maio, luns


Vixesimosegundo día. Resolución das reclamacións as votacións ata as 20:00 horas. Proclamación definitiva, no seu caso, do Presidente e Xunta Directiva electa.


Nautico 080618