Unha soa candidatura para as eleccións de Presidente do Club Náutico de Camariñas

|


Este venres, 30 de abril, remataba ás 20,00 h. o prazo para presentar candidaturas a Presidencia e Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas.


Finalmente, foi unha soa candidatura a presentada e que encabeza o actual Presidente en funcións, Martín Castiñeira Pérez, e por tal motivo a Xunta Electoral, seguindo os prazos establecidos, confirmará a elección da nova Xunta Directiva con data 3 de maio, posto que según os Estatutos do Club, "no caso de existir unha soa candidatura, proclamarase os candidatos como cargos electos, finalizando así o proceso electoral sin necesidade de proseguir e mesmo nin de celebrarse o acto de votación".


A Xunta Directiva presidida por Martín Castiñeira Pérez, sufre mínimos cambios coa que veu facendo equipo nestos últimos 4 anos, debido as ocupacións profesionais de varios dos anteriores directivos que lles impide estar con certa asiduidade en Camariñas.


Ademáis de Martín Castiñeira Pérez como Presidente, estarán Noelia Martínez Rodríguez (Vicepresidenta), José M. Olveira (Secretario), Juan M. Mouzo Castro (Tesoureiro), e vogais: Coquellet Eric Roger Emille, Alberto Luaces Vidal e Pablo Lago Vigo como nova incorporación.


Durante estos 4 anos a labor da Directiva presidida por Martín Castiñeira foi moi intensa, coa gran renovación do local do bar, mantenementos importantes nas instalacións do salón, cociña e almacén, asunción do servizo de bar por parte do propio Club, a consecución finalmente de dispor dun equipo de profesionais para formar os rapaces e rapazas do Concello de Camariñas e da Costa da Morte na práctica da vela e de diversas modalidades acuáticas que está sendo todo un éxito entre os máis pequenos/as e non tan pequenos/as e que levará nun futuro a dispor de equipos para participar en competicións a distintos niveis. Non se pode olvidar a  importante relación do Club Náutico coa Fundación Titanic e que fixo posible ser nomeados como embaixada.


 Tamén levouse a cabo 3 Feiras Náuticas e a espera de alcanzar a normalidade para ver a IV Feira Náutica no mes de setembro si as condicións o permiten así como a creación dun equipo de xadrez que estaba xa en competición e con escola de xadrez para os máis pequenos/as,  e sobre todo fíxose frente con grandes dificultades a Covid-19 que supuxo perdas económicas ao igual que a todos os sectores económicos a nivel mundial, e tendo que asumir igualmente os gastos anuais e canons de Portos de Galicia, e dende a Directiva saliente quere recoñerse a gran labor dos socios/as que seguiron apoiando ao Club en momentos tan duros da pandemia e que coas súas aportacións a través das cuotas axudou a aminorar o dano pola falta de ingresos polas actividades económicas habituais do Club. 


Para a nova Directiva, os cales a maioría suman xa 4 anos na mesma, quedan retos moi importantes para os vindeiros anos e que expoñeran nos vindeiros días, unha vez a Xunta Electoral confirme a elección da candidatura presentada por Martín Castiñeira Pérez, desexando que pronto volte a normalidade as nosas vidas e poidamos seguir coa intensa vida social e cultural que sempre reinou no Club Náutico de Camariñas.


(Imaxe: Martín Castiñeira Pérez, que seguirá 4 anos máis ao frente do Club Náutico de Camariñas)


Martin Castineira Perez do Club Nautico de Camarinas