Este luns, 25 de outubro, comezan as clases co XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS

|

ACTUALIZACIÓN:


AS CLASES DO XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS COMEZAN ESTE LUNS, 25 DE OUTUBRO, ÁS 17,15 H. NO SALÓN DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS. 

POR FAVOR, OS ALUMNOS/AS INTERESADOS PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO WHATSAPP 678931224. 

------------------------------------------------------------------------------


O XAdrez Náutico Camariñas comeza de novo a captación de alumnos/as para iniciar o curso para pequenos/as (principiantes) e tamén para os de nivel avanzado. O curso comenzará a primeiros de outubro e as clases terán lugar na aula do Centro de Iniciativas Empresariais que nos cedio o Concello para a realización das clases.


Despois de todo este tempo sin poder dar clases e non podendo seguir o ritmo cos xogadores/as que xa estaban participando en ligas e torneos, comezamos de novo prácticamente dende cero e co fin de ir sumando rapaciños/as para formalos no Xadrez e que poidan disfrutar e apaxionarse nun deporte que estos anos estuvo na boca de todos por series famosas e polos distintos campionatos en línea que se levaron a cabo.


O vindeiro 12 de outubro e coincindo coa Mostra do Encaixe que patrocina o evento, terá lugar un importante torneo de Xadrez onde xa estarán algúns xogadores/as do Xadrez Náutico Camariñas e si da tempo para poder incluir a máis xogadores/as de todos os niveis e que poidan xa poder inscribirse neste torneo que clausura o circuito de xadrez patrocinado pola Deputación da Coruña.


As clases serán de 1 día a semana para principiantes (luns) e o mércores para o nivel avanzado. Despois, o responsable das clases, Alberto Luaces e xunto coa colaboración de José M. Olveira, tamén indicará os días que se establecerá para facer partidas entre os propios xogadores/as do equipo e ir conseguindo aumentar o nivel de cada un.


O prezo será de 10 €/ mes para os que non sexan socios/as do Club Náutico de Camariñas, e será gratis para os netos/as e fillos/as de socios/as do club. Debido a covid-19 haberá prazas limitadas polo aforo da aula dispoñible. 


As persoas interesadas poden contactar a través do whatsApp: 678 931224 ou no correo: cncamarinas@cncamarinas.com 


66469265 2777848275565047 1347013009448370176 o