Este sábado, 25 de setembro, comida homenaxe a Mari Carmen Castiñeira do Super Claudio de Camariñas

|


Este sábado, 25 de setembro, terá lugar a celebración dunha comida homenaxe a Mari Carmen Castiñeira, que durante este último ano e medio estivo ao frente da Carnicería/Charcutería do Supermercados Claudio Camariñas e que por motivos de saúde tivo que deixar e así descansar e recuperarse despois de moitos anos de intenso traballo, tanto en Suiza como despois en Camariñas.


Sin dúbida, a laboura de Mari Carmen ao frente da Carnicería do Supermercados Claudio Camariñas foi todo unha garantía de éxito e que xa viña precedida da súa gran laboura no seu anterior posto no Supermercados Día de Camariñas. 


Tamén é destacable o gran compromiso, profesionalidad e compañerismo que tivo en todo momento na súa estadía en Claudio Camariñas, e por elo, como recoñecemento a ese gran traballo feito a todos os niveis, a xerencia organizaou unha comida especial de homenaxe coas súas compañeiras de traballo e así trasladarlle o agradecemento de todo o equipo por este ano e medio onde tanto poidemos aprender dela, non só no plano profesional sénon en outros ámbitos da vida.


Desexarlle todo o mellor na súa nova etapa e aquí no Supermercados Claudio Camariñas sempre terá aberta as portas para o que precise e mesmo si algún día quixera voltar a súa vida profesinal. 


GRACIÑAS POR TODO, MARI CARMEN.        

       

MARI CARMEN



Banner portada superclaudio camariñas