O sábado, 26 de febreiro, Baile de Entroido no Club Náutico de Camariñas

|


Co fin de ir pouco a pouco adaptándose a normalidade postpandemia e aproveitando que o sábado, 26 de febreiro, coa boa evolución que está tendo xa a 6ª ola e desexando que sexa a última, se levanten máis restriccións, o Club Náutico de Camariñas celebrará o Entroido 2022 cunha actuación do Dúo Élite para os socios/as e acompañante e onde ademáis poderan traer cada socio/a 2 invitados/as, e así máis veciños/as poidan acercarse a estos eventos e ir sumándose no futuro a este Club coa súa afiliación como socio/a. A actuación comezará ás 23,00 h. e rematará sobre ás 2,30 h. hora que agora mesmo é a permitida polas autoridades. 


O aforo estará limitado para seguir mantendo as normas sanitarias que nese momento establezcan as autoridades competentes, e por elo, será necesario e de forma obligatoria para poder asistir, rexistrarse en O Náutico Bar cos datos do socio/a e acompañante, e os nomes das persoas que veñen como invitados si fora o caso. O prazo remata o 25 de febreiro as 20,00 h.


Co fin de animar aos asistentes a que acudan cos seus mellores disfraces, haberá un premio para o mellor disfraz da noite.


O Club Náutico de Camariñas quere xa retomar a actividade social o máis axiña posible e sempre con "sentidiño" posto que despois de case 2 anos de pandemia non podemos dar pasos atrás e deberemos de ser responsables e cuidadosos para cumprir as normas sanitarias establecidas, e por elo, xa está previsto a vindeiro Baile para San Xosé, o vindeiro 19 de marzo, sábado. 


Recomendamos que disfruten dos menús de O Náutico Bar, con entrantes, carnes e pescados, que farán inolvidable a súa estancia nas instalacións do Náutico, posto que a relación calidade-precio é insuperable, e sin dúbida, despois do disfrute gastronómico toca poñerse a bailar e a disfrutar do noite de entroido, e sempre con "sentidiño".


E non se perdan as riquísimas tapas preparadas polo equipo de cociña dirixido por Carmen, e onde cada tapa é un disfrute antolóxico gastronómico. 


Para máis información poden chamar ao teléfono 981 737130.


CARTEL CARNAVAL NAUTICO