Eventos no Club Náutico de Camariñas

|


Nota de prensa do Club Náutico de Camariñas


Este sábado, 26 de febreiro, o Club Náutico de Camariñas celebrará un BAILE DE ENTROIDO para os socios/as no salón do club a partires das 23,00 h. e coa actuación do DÚO ÉLITE.


Ao evento poderan acudir os socios/as con acompañante e máis 2 invitados/as e se seguirán os protocolos sanitarios establecidos nese momento polas autoridades competentes, indicando que é obrigatorio dispoñer do pasaporte Covid para poder entrar O Náutico Bar.


Para elo, deberán rexistrarse no propio O Náutico Bar cos datos do Socio/a e acompañante así como os 2 invitados si os tivera co fin de coñecer o número de asistentes xa que hai un aforo limitado. Tamén poden chamar ao teléfono 981737130 para anotarse a este evento.


Ademáis, haberá un premio especial para o mellor disfraz da noite e o baile rematará sobre ás 2,30 h.  O próximo baile será para o 19 de marzo, sábado, día de San Xosé.


Co fin de facilitar a comunicación cos socios/as dunha forma máis áxil, e así evitar gastos ordinarios de correo, estando como estamos na era dixital, pregamos que envíen unha mensaxe de WhatsApp ao número de móbil 618950557 do Club Náutico de Camariñas para que poidan recibir información directa de todos os eventos e actos que teñan lugar.


Desexar que nestas semanas podamos ir chegando a normalidade de antes da Covid, e podamos ir ofrecendo pouco a pouco aos socios/as actividades e eventos de toda índole, indicando que siguen abertas as actividades náuticas e as clases de Xadrez co Xadrez Náutico Camariñas, o cal tamén está participando na 3ª División na provincia da Coruña.



Está confirmado que sí se levará a cabo o xa clásico Descenso de Kayaks no mes de agosto e está en estudio a posible celebración da IV Feira Náutica no mes de xuño pero con certos cambios na súa realización. De todo elo iremos informando nos vindeiros meses. 


O Náutico Bar logo