O Club Náutico de Camariñas presenta a programación de eventos para os vindeiros meses

|


O Club Náutico de Camariñas, remitirá nos vindeiros días aos socios/as da entidade, a programación de eventos e actos para os vindeiros meses, concretamente ata o mes de decembro/2022, despois de máis de 2 anos de pandemia que fixo imposible levar a cabo os eventos e actividades habituais da entidade, e ademáis, a pesares das enormes dificultades que supuxo a merma da entrada de barcos o longo destos anos por mor da pandemia, e excepto os meses que foi necesario facer peche por pandemia, as actividades náuticas seguiron tendo lugar todo o ano coa entidade Ubuntu Life, o bar permanecio aberto durante os meses permitidos polas autoridades sanitarias e mantendo sempre as normas sanitarias impostas en cada momento, mellorouse o material disposto para a enseñanza da vela  e tamén o chan do pantalán central coa axuda dunha subvención e tamén con aportación do propio Club para poder cambiar o pavimento de todo o pantalán, e significando que ademáis hubo que facer arranxos de urxencia nos distintos pantaláns dende o mes de xullo/2021 que supuxo importantes desembolsos para a entidade.


Non nos olvidamos que en Nadal do 2021 levamos adiante a cea para os socios/as, que era o primeiro acto "normalizado" que se leva a cabo en 2 anos. Tamén hai que destacar que se levaron adiante as clases de Xadrez a través do Xadrez Náutico Camariñas que dirixe Alberto Luaces e que rematan a finais de maio, e tamén se contará este ano co Campamento de Xadrez e importante Torneo de Xadrez, dende o 27 e xuño ata o 3 de xullo (incluimos cartel informativo nesta nova). 


Agora estase pendente dos fondos europeos Next Generation que están destinados para os Club Náuticos, pero da que inda non se ten constancia de cando se confirmaran, inda que nos comunicaron dende ASNAUGA que poderían chegar antes do veran, e tamén estase pendente de subvencións para a eficiencia enerxética nos pantaláns. 


Dende a Xunta Directiva e co seu Presidente ao frente, Martín Castiñeira, quer mandar un especial agradecemento aos socios/as por seguir apoiando a entidade nestos 2 anos, posto que dende aquel fatídico 14 de marzo de 2020 que supuxo o peche de toda actividade non básica e non permitir a chegada de ningún barco durante moitos meses e non chegar a normalidade prácticamente absoluta ata este 2022, o camiño foi moi dificultoso e cheo de pedras no camiño. 


O importante agora é ir collendo o ritmo habitual para chegar a normalidade absoluta e sempre pendentes das autoridades sanitarias para que a pandemia esté controlada e non teñamos que dar pasos atrás de novo. 


PROGRAMACIÓN ATA DECEMBRO DOS ACTOS E EVENTOS NO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS


24 XUÑO (FESTIVO)- SAN XOAN

SARDIÑADA PARA CELEBRAR SAN XOAN PARA SOCIOS/AS E 1 ACOMPAÑANTE CON ACTUACIÓN MUSICAL DE "DJ JOSIÑO".


27 XUÑO A 3 XULLO- 

CAMPAMENTO DE XADREZ E TORNEO DE XADREZ (O Club Náutico de Camariñas a través do Xadrez Náutico Camariñas colabora na organización dos eventos) (cartel destos 2 eventos na parte inferior desta nova). 


17 XULLO (FESTAS DO CARMEN)

PINCHOS POLAS FESTAS DO CARMEN NO SALÓN SOCIAL PARA SOCIOS/AS E 1 ACOMPAÑANTE


14 AGOSTO (ACTIVIDADE DEPORTIVA)


VIII DESCENSO EN KAYAK DENDE O RÍO GRANDE DE PONTE DO PORTO ATA O CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS


27 AGOSTO - ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS


27 AGOSTO

CEA DO VERAN PAR SOCIOS/AS E 1 ACOMPAÑANTE COA ACTUACIÓN DE "JOSE MANUEL GÓMEZ" EX VOCALISTA DA RECOÑECIDA ORQUESTRA OS TROVADORES E A ACTUACIÓN DE "DJ. JOSIÑO".


17 DECEMBRO

CEA ESPECIAL DE NADAL PARA SOCIOS/AS E 1 ACOMPAÑANTE COA ACTUACIÓN DO DÚO ÉLITE.


Nas vindeiras semanas, remitirase dende a entidade, circular informativa destos actos e eventos por correo aos socios/as,  ofrecendo maior detalle de cada unha das actividades e tendo esta información para os socios/as no tablón de anuncios da entidade e no propio "O Náutico Bar".


Para o vindeiro ano 2023, estase estudiando a realización en xuño do que sería xa a IV Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2023) e que durante estos 2 anos pasados non foi posible levar a cabo, e esperando contar de novo coa Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia como patrocinadores, ademáis da colaboración destacada do Concello de Camariñas na axuda para levar adiante esta importante Feira anual da náutica na Costa da Morte. 


Reapertura nautico 110818 1



Cartel Campamento Camariñas 2022 page 0001


Cartel II Concello Camariñas page 0001