Licitación do Bar do Club Náutico de Camariñas

|



Dende o Club Náutico de Camariñas, trasladamos aos medios de comunicación a reapertura de licitación do local do Bar que se encontra nas instalacións do Club Náutico de Camariñas, e onde se estudiaran as ofertas según se vaian presentando e seleccionando as mellores opcións para os intereses do Club Náutico,  e onde o prazo estará aberto ata que se poida pechar o acordo coa empresa ou autónomo/a que presente a oferta máis axeitada, tendo en conta o potencial do local, a ubicación e as instalacións, así como o tipo de contrato a establecer, que será de 10 anos.


Co fin de axilizar a documentación a presentar para as ofertas ao Club Náutico de Camariñas e coñecer de forma directa un resume das condicións do contrato, establecemos un móbil de contacto 678 931224, e así poder establecer ademáis unha data para entrevista coa empresa ou autónomo/a interesado/a en participar na selección da licitación do local do Bar do Club Náutico de Camariñas.



A pesares de non ser uns tempos idóneos económicamente, é certo que a oportunidade que se presenta é moi interesante para persoas ou empresas con proxectos económicos de futuro posto que falamos dun contrato mínimo de 10 anos, e onde teñen a oportunidade de acceder a dispoñer dun local con gran atracción de clientes sobre todo nos meses de verán, tendo en conta as centos de embarcacións que recalan nos nosos pantaláns e tendo tamén proxección social durante os meses de inverno polas dimensións e situación do establecemento.