Nova concesión de O Náutico Bar a partir do sábado, 4 de marzo

|


Nota de prensa remitida pola Directiva do Club Náutico de Camariñas


A partires do sábado, 4 de marzo, comezará a nova concesión de O Náutico Bar das mans de Yolanda Vidal Rodríguez, e con elo, unha nova etapa que sin dúbida será fructífera para ambas partes, e onde a nova concesionaria, dará un gran impulso a actividade de hostelería para clientes e socios/as, posto que se trata dunha persoa con gran valía para o traballo, moi responsable e con gran empatía para atención ao público e que chega no momento más adecuado, despois de finalizar o negro periodo da covid e da guerra de Ucrania, onde a Directiva do Club Náutico tivo que facerse cargo do bar durante preto de 3 anos e medio.


A nova concesionaria, terá o apoio da Directiva en todas súas vertientes para que poida darse un gran servicio a clientes e socios/as nos vindeiros anos, e cunhas instalacións marítimas que nos vindeiros meses sufrirán grandes cambios coa prometida chegada de fondos europeos (Next Generacion), e esperando que poidan estar rematados antes deste verán. O Presidente do Club, Martín Castiñeira, xunto coa súa Directiva, está en contacto permanente con ASNAUGA, que será a responsable de levar a cabo a distribución dos fondos europeos para os Club Náuticos, para que non haxa máis retrasos e poida facerse unha remodelación de infraestructuras con máis de 30 anos de vida.


Retomando de novo o tema da nova concesión, dende este luns, 13 de febreiro, O Náutico Bar, permanecerá pechado ata a súa reinauguración o vindeiro 4 de marzo, co fin de facer o traspaso e cambios correspondentes para acoller o local pola nova concesionaria. Por elo, dende a Directiva, pregamos disculpen as molestias que poida ocasionar o peche destas pouco máis de 2 semanas, pero faise necesario co cambio de concesión.


Tamén queremos dende esta nota de prensa, mandar un séntido pésame para toda a familia polo falecemento nestos días da esposa do Expresidente, Alberto Artaza Varasa, Dñ. Carmen Sanz (d.e.p.) e que supuxo un duro golpe para a Directiva e socios/as da entidade, que tamén fai unhas semanas atrás, xa recibira outra dolorosa noticia, xa que nos deixaba D. Ramón Leis (d.e.p.), socio fundador da entidade, e onde tamén se lle trasladou a familia o séntido pésame da entidade.



Dpto. Comunicación-Club Náutico de Camariñas


Onauticobar 2019