O vindeiro 28 de outubro, domingo, terá lugar unha ANDAINA coa Comisión Festas do Carme de Camariñas, co fin de recadar fondos e donativos para as nosas grandes festas do Carme.
A saída terá lugar ás 10,45 h. dende a Praza do Mercado de Camariñas e a chegada será no mesmo punto que a saída, cu percorrido circular e cunha distancia de 11 Km.
Despois haberá un xantar con churrasco, bebida, café e larpeira.
Prezo por persoa é de 10 € e as inscricións poden realizarse en: Estética Ana, Nordesfitnes e Marisol Soneira. Móbiles de contacto: 690 933398 / 646 942295.